Noticias
18 de maio de 2016
Lugo impúxose no Campionato Galego con brillo laranxa

Os xogadores do CD Burela FS Pescados Rubén xuvenil Álex García ‘Mini’, Aarón Fernández, Christian Rivas ‘Pitero’ e Xosé Cayón festexaron o Día das Letras Galegas co título irmandiño defendendo a Selección de Lugo cunha destacada participación na cita de Pazos de Borbén. A vitoria fronte a Ourense (5-0) e o empate con Vigo (2-2) déronlles o pase á final, que caeu do lado lugués nos penaltis tras 1-1 con Pontevedra.


Jorge, con Galicia Infantil. O burelista Jorge Quelle finalizou o seu periplo con Galicia no Nacional de Murcia o sábado nas semifinais fronte a Andalucía (5-1); en grupos caeu con Castela-A Mancha (4-3) e impúxose ás Baleares (6-3).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores