Noticias
11 de maio de 2016
Aberto o prazo para as probas de acceso de Xuvenís e Cadetes dende o mércores 18
Xuvenil 2015-16

Todos aqueles rapaces cadetes e xuvenís interesados en formar parte da estrutura burelista poderán formalizar a súa solicitude para as probas de acceso que o CD Burela FS Pescados Rubén convocará para a segunda semana de xuño. O prazo estará aberto entre o mércores 18 de maio e o martes 7 de xuño.



As persoas interesadas teñen á súa disposición o formulario na sede laranxa. Horario de atención ao público: De luns a venres: 10.00-14.00 // 16.00-19.00 horas
 
Probas de acceso XUVENIL (nacidos en 1998-99-00)
 
→Mércores 8 de xuño: Pavillón Vista Alegre de 18:30h.-20:00h.
 
→Xoves 9 de xuño: Pavillón Vista Alegre de 17:30h.-19:00h.
 
 
Probas de acceso CADETE (nacidos en 2001-02)


→Mércores 8 de xuño: Pavillón Vista Alegre de 17:00h.-18:30h.



ED Burela F Pescados Rubén 2016-17. Nos vindeiros días publicarase información sobre a apertura da matrícula para o curso 2016-17 da escola laranxa (Iniciación, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil).


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores