Noticias
9 de maio de 2016
Chino non continuará en Burela

O pivote Javier García Moreno, máis coñecido como Chino, non continuará no Burela FS Pescados Rubén a próxima tempada. O albaceteño, que recalou na Mariña a comezos de 2015-16 con contrato dunha tempada, non chegou a un acordo co club para a súa renovación.


Chino, que chegou coa vitola campión da Copa de España 2015 con Jaén Paraíso Interior, despídese como pichichi laranxa (21 goles), sen perder nin unha soa xornada e con 15 participacións como titular.


A entidade burelista agradece a profesionalidade e dedicación de Chino ao longo da que xa entrou na historia do club como a mellor tempada do equipo en Primeira División e deséxalle fortuna na súa nova etapa deportiva lonxe da Mariña.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores