Noticias
23 de abril de 2016
Remontada laranxa no derbi galego para continuar soñando
O Burela Pescados Rubén mantén a súa serie racha triunfal tras vencer ao Ourense Enviália por 4-1 nunha gran segunda parte das burelistas comandadas por Peque. Co seu hat trick e liderado Peque marcou o camiño dunha remontada que permite ao conxunto de Lucas chegar á próxima xornada co obxectivo de asaltar o liderato na pista do Atlético Féminas Navalcarnero.
O derbi galego disputado en Vista Alegre comezou cun ritmo lento que beneficaba á escuadra visitante. O Ourense pechaba ben os espazos ante un Burela que controlaba a posesión pero sen atopar camiños na férrea defensa plantexada polas ourensanas. Co paso dos minutos a intensidade foi aumentando e o primeiro aviso serio chegou cun disparo de Peque que se marchou desviado por pouco, minuto 13. Instantes despois chegou a resposta ourensana pero Sara Moreno non logrou conectar un remate franco na frontal do área. Si acertou a xogadora ourensana no minuto 16 adiantando ao seu equipo ao marcar de falta directa. O 0-1 reforzou a moral visitante que mantivo o guión dun partido que se xogaba ao que prefería o Ourense Enviália. A 30 segundos do intermedio un barullo no área visitante a piques estivo de supoñer o empate local pero ao descanso chegouse co 0-1. Na segunda parte a dinámica do choque variou sensiblemente. O Burela Pescados Rubén cambiou de marcha e invitou ao Ourense a xogar un partido máis aberto. No minuto 22, Peque empatou o partido (1-1) tras unha gran combinación con Maite. O inicio da remontada laranxa estaba en marcha cun Vista Alegre animado que empuxaba ao seu equipo cara á vitoria. O Burela Pescados Rubén mantivo a súa aposta por incrementar o ritmo dun partido que nada tiña que ver co visto no primeiro periodo e nesta dinámica as burelistas desenvolvíanse mellor. De novo apareceu a figura de Peque para remontar o marcador (2-1), minuto 28. O Ourense parecía quedar noqueado e o Burela aproveitou o seu momento; primeiro cunha xogada de Bea Mateos que a punto estivo de acabar en gol, o segundo envite foi de Claudia que Vane parou con seguridade e á terceira chegou a vencida. Bea Mateos marcou o 3-1 tras unha asistencia de Peque, minuto 36, e Vista Alegre celebrou o tanto con xúbilo. Acto seguido o Ourense apostou por xogar con porteira xogadora para intentar recortar distancias e inquietar a meta defendida por Jozi que entrou no inicio da segunda parte, reaparecendo trala súa lesión. O xogo de cinco ourensán non inquietou a un Burela Pescados Rubén seguro que rematou a faena co 4-1 conseguido por Peque desde o punto de penalti, minuto 38. A pena máxima foi cometida sobre Maite e Peque asinou un hat trick. En definitiva, merecida vitoria burelista que chegará a La Estación cunha racha imperial de trece triunfos consecutivos para asaltar o liderato. Ficha técnica CD Burela FS Pescados Rubén: Andrea, Bea Mateos, Peque, Maite, Dany –cinco inicial- Claudia, Gaby, Ceci, Jozi. Ourense Enviália: Vane, Chiqui, Bea Seijas, Sara Moreno, Andrea Carid –cinco inicial- Anita, Rosángela, Laura, Marta, Peke. Goles: 0-1, m.16, Sara Moreno; 1-1, m.22, Peque; 3-1, m.36, Bea Mateos; 4-1, m.38, Peque (penalti). Árbitros: Presedo García, Vilas Martínez. Cartón amarelo a Anita e Andrea Carid do Ourense Enviália. Incidencias: Partido correspondente á 25ª xornada da Primeira División RFEF disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 600 espectadores.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores