Noticias
22 de abril de 2016
Espectáculo, emoción e rivalidade irmandiña en Vista Alegre
O CD Burela FS Pescados Rubén recibirá mañá, na 25ª xornada, o Ourense Envialia FSF nun complicadísimo duelo con espectáculo e rivalidade garantidas. A cita de Vista Alegre arrincará ás 18.30 horas e poderá seguirse en directo en streaming, coa colaboración do xornalista Miguel Albo e a xogadora Lara Balseiro.

“Chegamos con moitas ganas a un partido moi complicado. Ourense foi un dos equipos cos que nos deixamos puntos; na ida foi un encontro duro, sen goles, no que non conseguimos materializar o noso xogo” advertía unha das pichichis laranxas, Gaby, con certo ánimo de revancha fronte ao actual cuarto clasificado, 51 puntos, co obxectivo de non cesar no axexo ao líder madrileño antes do seu gran duelo directo polo cumio. “Na casa non perdemos puntos e temos que seguir así. Será moi difícil; enfrontámonos ao equipo menos goleado da categoría, pero a nosa defensa tamén é forte. Deberemos ter paciencia para atopar os goles” reflexionaba así sobre o rifadísimo derbi galego a 9 laranxa

Gaby trata de suplir con actitude e ilusión os pequenos problemas físicos no seu xeonllo que non a están deixando estar ao cento por cento na recta final da liga: “Sigo con molestias pero estou para xogar o sábado, estou a disposición do adestrador para o que diga. Estou nunha boa etapa de xogo, sigo facendo o meu traballo, estou en boa sintonía co equipo e lonxe dos goles creo que estou cumprindo co principal obxectivo, axudar o equipo e saír cos tres puntos” reflectía así a brasileira a excelente tempada que está vivindo co Pescados Rubén, facendo ademais un chamamento á bancada laranxa: “Sempre temos o apoio da afección pero mañá será máis importante aínda. Será un gran partido no que a bancada nos pode axudar moito”.


Ao vestiario de Lucas regresa Jozi recuperada xa da súa fractura no brazo esquerdo; continúan sendo baixas Shio, Emm e Lara.

O Atlético de Madrid Navalcarnero, con 2 puntos de vantaxe sobre as mariñás, tamén vivirá esta semana derbi autonómico, na casa do Majadahonda Afar4, décimo terceiro (19 puntos).

Próxima xornada. As pupilas de Lucas veranse as caras co líder, a domicilio, o vindeiro sábado (17.30 horas) na xornada 26ª, co apoio da peña A Pataca Naranxa.

CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Dany, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Maite, 31. Eva
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores