Noticias
15 de abril de 2016
A clasificación pasa por Vista Alegre

O CD Burela FS Pescados Rubén recibe mañá na Bomboneira (18.30 horas) a outro dos grandes, dos xigantes, ElPozo Murcia FS, que recala na Mariña defendendo a terceira praza (54 puntos); a cita poderá seguirse en directo en streaming a través de LNFS DIRECTO. “Temos que dalo todo polo play off. Chegamos xustos pero con ilusión e ganas de facelo ben, conscientes de que a clasificación pode pasar por puntuar na casa, por iso necesitamos, aínda máis, o apoio da afección para os dous partidos que nos quedan en Vista Alegre” explicaba o técnico, Daniel Ibañes, en vésperas do último Día do Club da tempada.


ElPozo, que xa adestrou esta mañá na Mariña, saltará á pista sen os internacionais Miguelín, Bebe, Raúl Campos, Álex e Gabriel Lima; recupera para a antepenúltima xornada de Primeira a José Ruiz e Jé e trae aos xogadores do filial Josema, Fernando e Elías. Con todo, para Daniel máis ou menos internacionais non fan que ElPozo perda a súa identidade para mañá: “Segue sendo ElPozo; ten un cadro moi amplo e convocou a xogadores do equipo filial que veñen de gañar a liga e xogaron moitos minutos en Primeira” incidía así o adestrador laranxa na fortaleza dos de Duda.


O equipo mariñán realizará a última sesión esta tarde en Marzán, ás 16.00. Xunto a Matamoros, tampouco poderá participar Bruno, confirmada xa unha rotura de fibras, nin o sancionado Hélder. Entrará na convocatoria o xogador do Burela FS B Diego López, Alemán.


Na primeira volta ElPozo vención 8-3.


Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge, 20. Chino, 23. Antoñito, 28. Alemán


Convocatoria ElPozo Murcia FS: 3- José Ruiz, 4-Fernando, 5-Lolo Suazo, 7-Juampi, 8- Josema, 12-Fabio, 14-Adri, 15-Rafa, 18-Elías, 21-Marinovic, 26-Matteus, 99-Jé



Taquilla desde as 17.30 horas Vista Alegre abrirá a taquilla o sábado ás 17.30 horas; o prezo das entradas para non socios será de 15 euros/adulto e 5 euros/menor de 18 anos. Os socios accederán ás instalacións co seu carné de abonado.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores