Noticias
11 de abril de 2016
Venda anticipada para o Día do Club ante ElPozo Murcia

Vista Alegre xa prepara o seu terceiro e último Día do Club da tempada ante outro dos grandes, ElPozo Murcia. A partir desta tarde, todas as persoas interesadas xa poden adquirir a súa entrada para o grande espectáculo deste sábado, 16 de abril (18.30 horas), coa visita do actual bronce de Primeira LNFS. Para este encontro os soci@s terán acceso gratuíto.


A venda anticipada estará dispoñible ata o venres, día 15, ás 14.00 horas, na sede do CD Burela FS Pescados Rubén (Horario de atención ao público: de luns a venres, 10.00-14.00 // 16.00-19.00). O sábado a taquilla abrirase ás 17.30 horas.


 


SOCIOS (imprescindible presentar carné de socio)



Gratuito



PREZOS PARA NON SOCIOS



Adult@: 15 euros


Menor de 18 anos: 5 euros

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores