Noticias
28 de marzo de 2016
Venda anticipada para a visita do todopoderoso Movistar Inter

Os heroes laranxas de Guadalajara 2016 xa preparan a súa revancha para a chegada do todopoderoso Movistar Inter á Mariña. A partir de mañá, todas as persoas interesadas xa poden adquirir a súa entrada para o grande espectáculo que vivirá Vista Alegre este sábado, 2 de abril, coa visita do campión de España e líder de Primeira (18.15 horas, emitido en directo por TVG2).


A venda anticipada estará dispoñible ata o venres, día 1, ás 14.00 horas, na sede do CD Burela FS Pescados Rubén (Horario de atención ao público: de luns a venres, 10.00-14.00 // 16.00-19.00). O sábado a taquilla abrirase ás 17.00 horas.


 


PREZOS PARA SOCIOS



Adult@: 5 euros


Menor de 18 anos: 1 euro



PREZOS PARA NON SOCIOS



Adult@: 15 euros


Menor de 18 anos: 5 euros

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores