Noticias
19 de marzo de 2016
Segundo acto de gol laranxa para levar o derbi en Ourense (1-6)
O Burela FS Pescados Rubén non fallou nunha nova cita con aroma a derbi impoñéndose por un claro 1-6 ao Cidade das Burgas. O acerto de Gaby por partida tripla e de Dany no segundo acto outorgoulles os tres puntos ás laranxas que chegaron ao descanso cun axustado 1-2, sempre mandando no resultado.

Inaugurou o electrónico o equipo de Lucas no minuto 9, en contraataque de Peque que culminou a brasileira Dany. A 7 laranxa volveu recuperar para ampliar distancias nun pase ao segundo pau que recolleu Ceci no minuto 12. As da casa aproveitaron tamén o contragolpe para achegarse no marcador, aproveitando Vane Sotelo un erro de saque desde a portería burelista.

Tras o descanso, ao Burela FS Pescados Rubén tocoulle armarse de paciencia para pechar a contenda. Superado o ecuador do segundo acto e coa expulsión de Maite tras ver a segunda amarela, as laranxas tiraron de coraxe para subir o 1-3, de Gaby e o 1-4, de Dany, en tan só 1 minuto (31 e 32). O tándem brasileiro volveu xerar o nerviosismo nas filas ourensás na recta final para asinar o 1-5, con pase desde a banda de Dany a Gaby. Esta última puxo o broche de ouro (1-6) ao triunfo irmandiño no último minuto nun roubo fronte ao Cidade atacando de cinco.


Ficha técnica
Cidade das Burgas FS: Antía, Lucía Nespereira, Vane Sotelo, Iria, María Arias, cinco inicial; tamén xogaron Candela, Albiña, Nerea, Ana
CD Burela FS Pescados Rubén: Andrea, Dany, Peque, Bea Mateos, Maite, cinco inicial; tamén xogaron Gaby, Ceci, Claudia

Goles: 0-1, minuto 9, Dany; 0-2, minuto 12, Ceci; 1-2, minuto 15, Vane Sotelo; 1-3, minuto 31, Gaby; 1-4, minuto 32, Dany; 1-5, minuto 38, Gaby; 1-6, minuto 39, Gaby

Árbitros: González Lubián e Vidal Araújo (Galicia). Polo Cidade amarela a Vane Sotelo (minuto 18), Iria. Por Burela FS amarela Andrea (minuto 10), Peque (23), Maite (expulsión no minuto 29 por dobre amarela)
Incidencias: Partido correspondente á 21ª xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón dos Remedios de Ourense
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores