Noticias
18 de marzo de 2016
Unha de derbi

O Burela FS Pescados Rubén vivirá unha nova xornada de derbi irmandiño mañá na pista do Cidade das Burgas (17.00 horas, Vos Remedios), que ocupa a oitava praza con 29 puntos, fronte á segunda das mariñás, con 53 puntos.


“Non será un partido diferente aos nosos últimos compromisos. Teremos que ter paciencia para atopar fendas na súa defensa pechada e non darlles opcións á contra, con especial atención sobre Vane Sotelo e Iria, as súa dúas grandes goleadoras” explicaba Iván Cao, Lucas.


A expedición poñerá rumbo a terras ourensás mañá ás 10.30 horas. Xunto ás ausencias xa coñecidas de Shio, Emma e Jozi -esta última empezou a adestrar esta semana-, Lara será seria dúbida por unha escordadura de nocello; Maite tampouco estará ao cento por cento. O regreso de Gaby, tras unha escordadura de xeonllo, protagoniza a boa noticia na enfermería.


Últimos enfrontamentos. Os tres puntos da liga tiveron cor laranxa con 7-2 en Vista Alegre; con todo, en semifinais de Copa Galicia, o marcador foi para as ourensás por un axustado 0-1.


No cume. Con 2 puntos de vantaxe sobre as mariñás, o líder, Atlético de Madrid Navalcarnero, visita a pista do pechacancelas, Elche (2 puntos).


Regreso á competición. As pupilas de Lucas volverán á liga o sábado 2 de abril na pista do Orvina (19.30 horas).


CD Burela FS Pescados Rubén: 3. Dany, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Maite, 31. Eva

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores