Noticias
5 de marzo de 2016
Tablas en "La Salobreja" entre Jaén Paraíso Interior e Burela Pescados Rubén
Fotografía: Prensa Jaén. LNFS
O Burela Pescados Rubén rescata un punto no tramo final do duelo ante o Jaén Paraíso Interior que finalizou con empate a tres tantos. O encontro tivo alternativas no xogo e o marcador que empezou con iniciativa mariñá co tanto logrado por Iago Rodríguez no minuto cinco. Co 0-1 os xienenses deron un paso adiante mentres que o Burela cedeu terreo e intentaba aproveitar os espazos para a contra.

O partido transcorría a máxima intensidade pero sen excesivas ocasións. Os burelaos co cupo de faltas completo repregaron filas e o Jaén gozou dun par de ocasións para empatar o partido. Solano probou a Álex desde o doblepenalti pero o meta mariñao respondeu con solvencia e freou inicialmente o empuxe amarelo. Ao bordo do descanso, Víctor Montes rendibilizou a súa ocasión para empatar (1-1).

Con este resultado chegouse ao descanso e na continuación o Burela Pescados Rubén reaccionou para levar a iniciativa. Os de Daniel Ibañes tiñan maior posesión e dominaban a un Jaén que esperaba a súa ocasión á contra. A inspiración de Víctor Montes provocou o segundo tanto local (2-1) cun gran disparo que poñía en vantaxe aos andaluces. A pesar do tanto local os burelaos mantiveron o control do xogo ante un Jaén que se refuxiaba na súa defensa para saír á contra e así chegou o 3-1 obra de Emilio Buendía no minuto 34. O terceiro tanto andaluz cambiou o rumbo do partido e os laranxas optaron por xogo de cinco. A aposta tivo premio na primeira acción co 3-2 logrado de cabeza por Iago Míguez e no minuto final o brasileiro Petry empató un duelo con xusto reparto de puntos.

Ficha técnica
Jaén Paraíso Interior: Dani Cabezón, Boyis, Solano, José López, Campoy –cinco inicial- Chema Mella, Víctor Montes, Carlos Muñoz, Emilio Buendía.

CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Chano, Chino, Isi, Bellvert –cinco inicial- Iago Míguez, Iago Rodríguez, Petry, Carlitos, Álex, Antoñito, Hélder.

Goles: 0-1, Iago Rodríguez; 1-1, m.18, Víctor Montes; 2-1, m.27, Víctor Montes; 3-1, m.34, Emilio Buendía, 3-2, m.35, Iago Míguez; 3-3, m.39, Petry.

Árbitros: Bernabeu Haro, López Jiménez. Cartón amarelo: Dani Cabezón, Solano do Jaén Paraíso Interior e Iago Míguez, Isi, Carlitos do Burela Pescados Rubén.

Incidencias: Partido correspondente á 23ª xornada da Primeira División da LNFS. Pavillón de La Salobreja en Jaén. 850 espectadores.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores