Noticias
4 de marzo de 2016
Jaén antes de Guadalajara 2016

O Burela FS Pescdos Rubén xa está en terras andaluzas para disputar a 23ª xornada de Primeira LNFS, última parada ligueira antes da Copa de España Guadalajara 2016 (10-13 de marzo). E farao medíndose actual campión do título copeiro, Jaén Paraíso Interior, que logo de dar a gran sorpresa o ano pasado nesta ocasión non estará entre os oitos mellores para volver gozar do espectáculo.


Desde a oitava praza (27 puntos), os pupilos laranxas buscarán regresar a Galicia cun triunfo que lles dará moral para inaugurar a cita de Guadalajara fronte a Catgas E. Santa Coloma (xoves 10, 19.00 horas, Teledeporte) cun rival que non o está pasando ben. Os de Dani Rodríguez esperarán en La Salobreja tamén con ganas de puntos para afastarse do fondo da táboa; ocupan a décimo terceira posición, con 17 puntos,


Á convocatoria de Daniel Ibañes reincorpórase Iago Míguez logo de recuperarse dunha escordarua de nocello; o mariñán xa adestrou con normalidade toda a semana. A última sesión antes da cita está prevista para esta tarde, ás 19.00 horas.


Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 12. Petry, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge Bellvert, 20. Chino, 23. Antoñito, 30.Hélder


Jaén Paraíso Interior FS (provisional): Dani Cabezón, Chema Mella, José López, Boyis, Murga, Carlos Muñoz, Víctor Montes, Dani Martín, Eloy Rojas, Emilio Buendía, Jordi Campoy, Solano.


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores