Noticias
4 de marzo de 2016
Un bo resultado para visitar o impoñente Superti

O Burela FS Pescados Rubén B visitará este sábado, en derbi mariñán, a pista o impoñente Superti A Pontenova (19.00 horas), coas boas sensacións da recente vitoria en Vista Alegre noutro derbi, pero provincial, o da semana pasada fronte ao Prone Lugo FS (5-2).


“Nas últimas xornadas xa estabamos ben, pero ao final o que xulga son os puntos, así que nos veu moi ben animicamente; os rapaces merecíano” explicaba o técnico laranxa, Juanma Marrube, incidindo na boa actitude dos novísimos xogadores burelistas, con participación habitual de xuvenís. “Dende o principio saímos a exponer e marcar gol. Esta vitoria é o froito da insistencia dos rapaces por crer e confiar no seu propio traballo” loaba así o adestrador o seu equipo, “moi satisfeito coa tempada, pensando só na formación dos xogadores, sen mirar a táboa nin cara arriba nin cara abaixo”.


A próxima cita, na Pontenova, preséntase como un gran reto, fronte ao segundo clasificado. “Será un partido bonito, imos con moitas ganas porque xa foi así na primeira volta. É un equipo de excelente percorrido, cun gran traballo de Julio Delgado e con Santi como un dos xogadores máis determinantes”, valoraba Juanma.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores