Noticias
29 de xaneiro de 2016
O Pescados Rubén arrinca a segunda volta na pista do farol vermello

O CD Burela FS Pescados Rubén xa está en terras alacantinas para estrear mañá a segunda volta na pista do Elche Oh! My Sandals, farol vermello de Primeira RFEF (Esperanza Lag, 19.00 horas).


As pupilas de Iván Cao, Lucas, mediranse a un rival que pecha a táboa con 2 puntos. As ilicitanas non puntúan desde a novena xornada, cando empataron fronte ao Valdetires (4-4); antes, quedaron en táboas con Orvina, na segunda xornada, sen goles. “Non podemos confiarnos; a semana pasada xa tivemos un toque de atención. En Vista Alegre xa nos puxeron as cousas difíciles, cun 2-1 moi axustado. Teremos que ter paciencia para atacar a súa defensa zonal, algo ao que non estamos afeitas” advertía en técnico laranxa, incidindo ademais no obxectivo de recuperar o bo xogo para as filas burelistas: “Temos que dar boa imaxe; ademais de sacar os tres puntos debemos ser fieis ao noso xogo”, puntualizaba Lucas.


O vestiario laranxa, que recupera a Jozi e Maite para mañá, realizará o último adestramento da semana esta tarde, ás 17.30 horas.


Cun par de puntos de vantaxe sobre as mariñás, o Atlético de Madrid Navalcarnero defenderá o liderat¡do esta semana recibindo o Cidade das Burgas, oitavo clasificado.


CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Dany, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 17. Maite

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores