Noticias
28 de xaneiro de 2016
O balón segue rodando

O balón segue rodando para o CD Burela FS Pescados Rubén con tres compromisos antes de volver á competición ligueira. Baleares, con dobre cita entre os días 5 e 6 de febreiro, e Bembrive, con Copa Galicia o Martes de Entroido, serán os destinos para os pupilos de Daniel Ibañes, que retomarán os adestramentos o vindeiro luns, 1 de febreiro.


Os laranxas volverán á liga o 19 de marzo coa 21ª xornada, na pista do Jumilla B. Cacherlo.


- Venres 5 de febreiro: Palma Futsal - Burela Pescados Rubén, en Manacor (20:45 horas)


- Sábado 6 de febreiro: IV Trofeu Ciutat de Palma, en Son Moix. Selección Balear - Burela (20.00 horas), Selección Balear - Palma Futsal (20:45 horas) e Palma Futsal - Burela FS Pescados Rubén (21:30 horas).


-Martes 9 de febreiro: Cuartos Copa Galicia, Bembrive-CD Burela FS Pescados Rubén (horario pendente de confirmar)

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores