Noticias
16 de xaneiro de 2016
Goleada do Burela Pescados Rubén no derbi galego ante o Valdetires Ferrol
O Burela Pescados Rubén vence con comodidade ao Valdetires Ferrol por 1-6 nun monólogo laranxa de principio a fin. O Valdetires buscou as súas opcións de sorpresa en pecharse e intentar pescar algunha concesión burelesa pero o conxunto dirixido por Lucas saltou á pista concentrado. O control do xogo burelés derivou en ocasións e Bea Mateos foi a primeira en acertar coa meta defendida por Iria. Tralo 0-1, o Burela mantivo o acelerador e Claudia tras asistencia de Peque marcou o 0-2. As ferrolanas apenas inquietaban a meta burelesa custodiada por Andrea, algún disparo afastado sen maior perigo. A renda laranxa aumentou co 0-3 materializado por Peque nunha acción individual e con ese marcador chegouse ao descanso. Na segunda parte o decorado non cambiou, dominio burelés e as ferrolanas capeando o temporal. Gaby protagonizó o 0-4 tras culminar unha estratexia de córner, as mariñás relaxáronse un pouco e Erika aproveitou para recortar distancias (1-4), minuto 26. O intento de reacción local quedouse en mero espellismo e o Burela Pescados Rubén redondeou a súa vitoria (1-6) cos goles de Claudia e Judith. Ficha técnica Valdetires Ferrol: Iria, Lidia, Erika, Shey, Didi -cinco inicial- Alba, Belén. CD Burela FS Pescados Rubén: Andrea, Peque, Maite, Bea Mateos, Gaby -cinco inicial- Claudia, Ceci, Judith e Lara. Goles: 0-1, m.3, Bea Mateos; 0-2, m.8, Claudia; 0-3, m.14, Peque; 0-4, m.23, Gaby; 1-4, m.26, Erika; 1-5, m.31, Claudia; 1-6, m.39, Judith. Árbitros: Álvarez Branco, Castro Bermúdez. Colexio lucense. Incidencias: Partido correspondente á 14ª xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón de Esteiro.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores