Noticias
15 de xaneiro de 2016
Derbi na casa do Valdetires, na penúltima xornada da primeira volta

O Burela FS Pescados Rubén disputará o último derbi irmandiño da primeira volta fóra da casa; será mañá, ás 20.00 horas, na pista do Valdetires FSF (pavillón de Esteiro), na penúltima xornada antes de chegar ao ecuador de Primeira RFEF.


“Estamos nunha boa liña, recuperamos sensacións co regreso da competición e temos que seguir traballando para manternos así” explicaba o técnico, Iván Cao ‘Lucas’ tras a goleada da semana pasada ante o Móstoles (7-3), facendo especial fincapé na emoción, intensidade e posibilidade de sorpresas de calquera derbi. “Medímonos a un rival de traxectoria irregular, pero nós non nos podemos relaxar porque nun derbi pode pasar de todo; enfrontámonos a un rival que nos esperará con moitas ganas e que dispón da experiencia de Lidia e Erika como unha das súas mellores armas” advertía o mariñán.


O Valdetires ocupa a 12ª praza, con 11 puntos; nas últimas cinco xornadas só conseguiu 2 puntos con senllos empates, ante Elche (4-4) e Poio (3-3), novena e duodécima xornada respectivamente.


Lucas poderá contar con todo o vestiario, a excepción de Emm, cunha lesión de xeonllo sufrida no seu debut co equipo, o sábado pasado en Vista Alegre.


CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Maite, 31. Eva

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores