Noticias
8 de xaneiro de 2016
Burela FS-Móstoles, clausura da Fin de Semana Laranxa na Bomboneira

O Burela FS Pescados Rubén estrea o ano na Bomboneira, como peche dunha Fin de Semana Laranxa, na busca de boas sensacións para recuperar a senda da vitoria. Recibirá mañá o Móstoles FSF, ás 18.30 horas; a cita poderá seguirse en directo por streaming.


O cadro de Lucas, que despediu 2015 con empate 3-3 na pista do Roldán, quere recibir 2016 con tres puntos para continuar pisando o ronsel do líder, Atlético de Madrid Navalcarnero, con vantaxe de 4 puntos sobre as mariñás. Mañá, en Vista Alegre, terá que facer fronte a un cadro experimentado cunha traxectoria un tanto irregular, no que destaca Patri Chamorro como un dos seus maiores perigos. As visitantes ocupan a décima praza, con 15 puntos, con 5 triunfos e 7 derrotas; despediron o ano impoñéndose ao Majadahonda 6-4 e rompendo a racha negativa na que encadeaban 3 derrotas.


No vestiario laranxa, á ausencia de Shio, súmase Jozi, por unha contractura no cuádriceps.


CD Burela FS Pescados Rubén: 5. Claudia, 7. Peque, 8. Emm, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Maite, 31. Eva


Móstoles FSF: 1 Lucía Sánchez, 3 Patri Chamorro, 4 Alba Peña, 6 Celia Jiménez, 7 María Otero, 8 Inma Martín, 10 Rocío Robles, 11 Cristina Ballesteros, 15 Ana Etayo

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores