Noticias
7 de xaneiro de 2016
Magna Gurpea estrea a fin de semana Laranxa o venres (21.00 horas)

A visita do Magna Gurpea, cuarto clasificado (31 puntos), inaugurará a fin de semana Laranxa en Vista Alegre, mañá ás 21.00 horas. O sábado o equipo de Terceira División abrirá a xornada ás 16.00 horas fronte a 5Coruña FS. Ás 18.30 horas, as pupilas de Lucas darán a benvida a 2016 en Primeira RFEF con Móstoles FSF.


Desde a novena praza (21 puntos), os burelistas repetirán xornada no seu mausoleo no arranque de ano, buscando a primeira vitoria de 2016, tras a visita á Mariña do Palma, o domingo (1-2).


O vestiario laranxa pechará a preparación da semana esta tarde. Daniel Ibañes seguirá sen poder contar nin con Mata nin con Isi, por lesión.


Na primeira volta, os mariñáns caeron por un axustado 2-1.


Convocatoria CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge Bellvert, 20. Chino, 23. Antoñito, 30. Hélder


Convocatoria Magna Gurpea: 1 Asier, 3 Victor, 5 Yoshikawa, 6 Jesulito, 7 Carlitos, 8 Roberto Martil, 9 Dani Saldise, 10 Rafa Usín, 12 Eseverri, 15 Raúl, 17 Alvarito

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores