Noticias
26 de novembro de 2015
O Burela FS, na sétima praza, fronte a ElPozo Murcia

O Burela FS Pescados Rubén puxo rumbo onte a terras levantinas con escalada de posicións ata a sétima praza (18 puntos), empatado coa sexta do Santa Coloma. Alí medirase mañá ao implacable El Pozo Murcia; a cita poderá seguirse a través de www.gtmtelevision.es (21.00 horas).


Tras a importantísima vitoria do martes ante Levante (5-1), a desta tarde, ás 17.00 horas, será a única sesión de adestramento dos mariñáns antes do seu envite cos murcianos. “Sabemos que é un partido moi complicado, sen apenas tempo para preparalo. É un encontro no que a priori imos sufrir, ao que chegamos co cartel de perdedores, pero nós o que temos que facer é sacar corazón e perna e pelexar por facer un partido redondo para sacar algo positivo” adiantaba o técnico laranxa, Daniel Ibañes, en vésperas da 13ª xornada na casa de ElPozo, que ocupa a cuarta praza, con 21 puntos.


Quedaron na Mariña Mata, obrigado a retirarse o sábado pasado ante o Movistar por molestias no seu xeonllo esquerdo, e Hélder, por unha contusión ósea. As ausencias no vestiario de Duda, por lesión, serán José Ruiz e Dario Marinovic.


Convocatoria ElPozo Murcia FS: 5. Lolo Suazo, 7. Juampi, 8. Josema, 9. Bebe, 10. Álex, 11. Miguelín,12. Fabio, 14. Adri, 15. Rafa, 17. Raúl Campos, 26. Matteus, 33. Lima


Convocatoria CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge Bellvert, 20. Chino, 23. Antoñito, 27. Renato

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores