Noticias
13 de novembro de 2015
O Burela FS B recibe en duelo mariñán a un intratable Superti

O Burela FS Pescados Rubén B recibirá en duelo mariñán o líder de Terceira División, un Superti A Pontenova que leva seis de seis. Tras a primeira vitoria da tempada, con 4-5 na pista do Prone Lugo AD, os pupilos de Juanma Marrube buscarán mañá, a partir das 21.00 horas, os primeiros tres puntos de Vista Alegre.


“Sabemos que será unha tarefa moi complicada. É un rival que está facendo as cousas moi ben e que ten máis experiencia” advertía o técnico laranxa. Aínda que chega co cartel de favorito, Julio Delgado tamén contempla dificultades para os seus na bomboneira: “Imos co obxectivo de seguir arriba, pero sabemos que nos medimos a un filial, será un encontró intenso; é un equipo que traballa coa referencia dun cadro de Primeira División, con xogadores moi motivados e ilusionados”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores