Noticias
7 de novembro de 2015
Meritoria vitoria do Burela Pescados Rubén en Peñíscola
Fotografía: Prensa Peñíscola Rehabmedic. LNFS
Merecida vitoria do Burela Pescados Rubén por 4-7 ante o Peñíscola Rehabmedic que se atopou cun partido moi completo dos mariñaos, especialmente na segunda parte. No primeiro periodo os levantinos adiantáronse pronto por mediación de Juan Carlos, minuto 4, aproveitando o gris inicio dos galegos que reaccionaron e lograron o empate por mediación de Chano. O 1-1 reflectía a igualdade da contenda aínda que os locais tiñan maior posesión de balón pero sen xerar excesivo perigo a un Burela que non atopaba a súa inspiración ofensiva. Con este marcador chegouse ao descanso e na continuación o escenario variou sensiblemente. Tras un primeiro arreón do Peñíscola que resultou infrutuoso, o Burela soltou o segundo zarpazo con firma de Chano que estableceu o 1-2. O tanto do andaluz deixou tocada a nave local e reforzou a confianza laranxa que ampliou a súa renda (1-3) nunha gran combinación que culminou Iago Míguez, minuto 28. O encontro aumentaba os seus decibelios, expulsión de Iago Rodríguez tras unha segunda tarxeta amarela (m.28) e tras un primeiro intento errado o Peñíscola aproveitaba a superioridade numérica para marcar o 2-3 por mediación de Eric Martel, minuto 29. Tras recuperar a igualdade numérica o Burela Pescados Rubén respondeu cun contragolpe letal que Antoñito rematou para volver marcar distancias (2-4) e os locais apostaron polo porteiro xogador. O Burela defendeu con seguridade e aproveitou a súa eficacia para romper o partido definitivamente con dous goles de Chino e outro de Iago Míguez (3-7). O Peñíscola intentouno ata o final e logrou maquillar o marcador cos goles de Míchel e Javi Alonso que situaron o 4-7 definitivo. Ficha técnica Peñíscola Rehabmedic: Iván, Yeray, Verdejo, Josiko, Juan Carlos -cinco inicial- Asensio, Carlitos, Míchel, Eric Martel, Javi Alonso, Javi Alonso, Gonzalo. CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Bellvert, Chino, Chano, Antoñito -cinco inicial- Iago Míguez, Iago Rodríguez, Carlitos. Goles: 1-0, m.4, Juan Carlos; 1-1, m.11, Chano; 1-2, m.27, Chano; 1-3, m.28, Iago Míguez; 2-3, m.29, Eric Martell; 2-4, m.33, Antoñito; 2-5, m.33, Chino; 2-6; m.36, Chino; 2-7, m.37, Iago Míguez; 3-7, m.37, Míchel; 4-7, m.40, Javi Alonso. Árbitros: García Doas, Moreno Millán. Mostraron cartón vermello por dobre amarelo a Iago Rodríguez e cartón a Iago Míguez de Burela Pescados Rubén. Cartón amarelo a Eric Martell de Peñíscola Rehabmedic. Incidencias: Partido correspondente á novena xornada da Primeira División da LNFS disputado no Municipal de Peñíscola.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores