Noticias
22 de maio de 2015
Adeus a 2014-15 en Vista Alegre (18.00, horario unificado)

O Burela FS Pescados Rubén despide a tempada 2014-15 ante a afección laranxa este sábado, na penúltima xornada de Primeira RFEF, coa visita dun necesitado Ordizia Estanda KE (Vista Alegre, 18.00 h., horario unificado).


A tan só un punto da segunda praza tras o tropezo do Cidade das Burgas a semana pasada, o equipo de Iván Cao, Lucas, pelexará mañá para facerse cos tres puntos ante un rival que ocupa a penúltima posición, con 19: “Medirémonos a un equipo necesitado de puntos, que chegará ao 200% para intentar escalar algunha posición e fuxir do perigo; seguramente nos espere pechado atrás, intentando aproveitar algún erro noso” adiantaba o técnico burelista, tendo en mente tamén a cita de Navalcarnero de xuño:” Estamos afrontando unha recta final con poucos efectivos, ese é o noso maior hándicap, pero a nosa principal meta é chegar o mellor posible á Copa de España” aseguraba Lucas.


A única ausencia será Lara, que se recupera da súa lesión de nocello. O último adestramento da semana está previsto para esta tarde, ás 17.00 horas.



Convocatoria Burela Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 17. Maite, 13. Patri, 14. Bea Mateos, 19. Paula

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores