Noticias
15 de maio de 2015
Último arrecendo galego

O Burela FS Pescados Rubén retoma a competición ligueira este sábado fronte ao Pescamar Poio FS, como último arrencendo galego da tempada, tras o brillo goleador de Peque que lle outorgou o título a España no Torneo Internacional de Móscu sobre Rusia. A antepenúltima xornada de Primeira RFEF arrincará ás 18.30 horas, no municipal da localidade pontevedresa.


Custodiando a terceira praza (61 puntos), o conxunto mariñán buscará os tres puntos ante o noveno clasificado (33 puntos), pero sobre todo centrarase na Copa de España: “Será un partido bonito no que loxicamente pelexaremos polos tres puntos, co aliciente que sempre implican os derbis galegos, pero agora o noso traballo xa se encamiña á Copa, para chegar o mellor preparadas posible” analizaba Iván Cao, Lucas, destacando á internacional Silvia Aguete e a perigosidade goleadora de Souça como dúas das armas máis afiadas do Poio.


A expedición laranxa partirá mañá ás 14.00 horas, coa única ausencia de Lara, por lesión.


Convocatoria Burela Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 13. Patri, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 19. Paula, 20. Tainã.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores