Noticias
13 de maio de 2015
Recta final dos cursos federativos en Burela

O luns pasado, o director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera Bastida, visitou o alumnado dos cursos de formación de técnicos que se imparten en 2014-15 no IES Monte Castelo de Burela.


Un total de 30 alumnos, nos niveis 1 e 3 de fútbol sala e nivel 1 de fútbol, e 18 profesores participaron neste curso lectivo, que rematará entre finais de maio e finais de xuño. Os futuros adestradores recibirán a titulación correspondente, despois de completar a súa aprendizaxe cun período de prácticas nun club deportivo.


Este é o cuarto ano que o IES Monte Castelo acolle ciclos formativos baixo a organización da Federación Galega de Fútbol; no presente curso estreouse como única sede galega coa oferta do nivel 3 de Fútbol Sala.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores