Noticias
12 de maio de 2015
O mundo laboral, máis de preto dende o CD Burela FS Pescados Rubén
Un curso máis o CD Burela FS Pescados Rubén abriu as súas portas como destino das prácticas formativas do alumnado do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do IES Monte Castelo. Dende comezos de abril, Pablo García Liz, do Valadouro, forma parte da Familia Laranxa; realizando labores de xestión, coa organización de torneos de base, e participa no día a día dos adestramentos da escola nas diferentes categorías, así como co equipo sénior masculino, completando un total de 380 horas de prácticas a mediados de xuño.
O CD Burela FS Pescados Rubén xa cumpriu un quinquenio nesta colaboración co IES Monte Castelo, nunha aposta conxunta, de valoración e difusión da práctica deportiva, na que ambas as entidades levan traballando dende o nacemento do club laranxa. Ademais de figurar como centro de traballo para o desenvolvemento formativo do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas, o club tamén organiza charlas educativas e conferencias relacionadas coa saúde e a práctica deportiva, como axuda prestada ao centro de ensino. Pola súa banda, o instituto burelao apoia a entidade laranxa a través de recursos humanos e materiais, cedendo as súas instalacións para diferentes proxectos e iniciativas.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores