Noticias
11 de maio de 2015
Ábrese o prazo para as probas de acceso 2015-16 Cadete e Xuvenil

Todos aqueles rapaces cadetes e xuvenís interesados en formar parte da estrutura burelista xa poden formalizar a súa solicitude para as probas de acceso que o CD Burela FS Pescados Rubén convocará para a última semana de xuño. O prazo estará aberto ata o luns 22 de xuño.


Matrícula ED Burela FS 2015-16


Ata o martes 30 de xuño tamén estará aberto o prazo de matrícula da ED Burela FS para o vindeiro curso. Xunto aos grupos de Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín e Alevín, con competicións mixtas, e Infantil, a escola laranxa estreará en 2015-16 a categoría de Iniciación (nen@s nacid@s en 2010 e 2011).


As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815.


Horario de atención ao público


De luns a venres: 10.00-14.00 // 16.00-19.00 horas

Documentos relacionados:
123 KB
Formulario Probas de Acceso Cadete e Xuvenil 2015-16
93 KB
Formulario ED Burela FS 2015-16
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores