Noticias
8 de maio de 2015
As promesas laranxas pechan a Liga ante o 5Sala Coruña
O Burela FS Pescados Rubén B clausura a liga mañá (18.00 h., horario unificado), coa visita do 5Coruña FS a Vista Alegre. Os pupilos de Juanma Marrube afrontan o último compromiso da competición dende unha meritoria décima praza, con 30 puntos.
“Estou moi satisfeito por ver como disfrutan os xogadores e pola súa actitude, por saír sempre a xogar, sen querer especular” recoñecía o técnico, Juanma Marrube, á fronte do conxunto laranxa na recta final da tempada. Respecto á valoración das dez xornadas nas que Juanma dirixiu ao equipo indicou que “Estou moi contento polo traballo e sacrificio dos xogadores, polas súas ganas de querer traballar e aprender sempre, incluso pola evolución no xogo, aínda que ás veces non nos acompañaran os resultados”. Derbi mariñao.Na penúltima xornada as promesas laranxas caeron no feudo da Pizzería A Fuga Xove FS por 3-0 nun derbi mariñao no que os burelaos competiron ben ante o líder da categoría que con esta vitoria acaricia o título de Terceira División e, consecuentemente, o ascenso. Ficha técnica Pizzería A Fuga Xove FS: Ismael, Bruno, Manuel Jiménez (1), Bruno de Nois (1), Enrique, cinco inicial; tamén xogaron Víctor, Iván, Solloso, Antón Couto (1), Iago CD Burela FS Pescados Rubén B: Erik, Daniel, Rubén, Alemán, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Aitor, Pancho, Rafa, Renato, Ángel, Javi Fajardo Árbitros: Rivas Fouz // Naray Álvarez (Viveiro). Por Xove amarela a Manuel Jiménez e Antón Couto. Por Burela amarela a Renato e Hélder.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores