Noticias
23 de abril de 2015
Burela FS B-Pazos de Borbén, sábado 25, 18.00 horas (Vista Alegre)

O Burela FS Pescados Rubén B afronta este sábado a 24ª xornada de Terceira División en Vista Alegre, ante o Pazos de Borbén, sétimo clasificado (32 puntos); a cita arrincará ás 18.00 horas.


A falta de tres encontros para o remate ligueiro os pupilos de Juanma Marrube ocupan a décima praza con 29 puntos.



Ribeira FS 3-2 Burela FS B


A semana pasada o equipo rompeu a senda, caendo por 3-2 na casa do Ribeira FS, sen poder cumprir coa quinta xornada consecutiva sen perder.


Ficha técnica


Ribeira FS: Diego, David, Marcos (1), Borja, Javier Fernández, no cinco inicial; tamén xogaron Javier Pérez (1), David, Francisco (1), Enrique, Víctor


Burela FS B: Erik, Rafa, Rubén, Alemán, Daniel (1), no cinco inicial; tamén xogaron Aitor (1), Pancho e Javi Fajardo


Árbitros: Suárez Blanco e Castro Bermúdez (Lugo). Por Ribeira amarela a Enrique, Javier e Jorge; por Burela FS  amarela a Aitor, Rafa, Pancho e Rubén

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores