Noticias
18 de abril de 2015
O Burela Pescados Rubén golea (7-1) ao Gironella
O Burela Pescados Rubén vence ao Gironella por 7-1 nun partido que no que as burelesas foron de menos a máis, á inversa que as catalás que iniciaron o partido moi enchufadas. Nada máis comezar o Gironella gozou dun par de ocasións que non souberon aproveitar, na primeira Shiori evitou o tanto visitante desviando baixo paus un disparo de Pilar e na segunda Ingrid non puido no man a man con Jozi. Co paso dos minutos o Burela Pescados Rubén foise desperezando aínda que as catalás mantiñan o tipo e ata se atrevían a presionar arriba. Chegando ao ecuador do primeiro periodo as mariñás comezaron a presionar máis e a xerar ocasións claras. Nunha delas, Shiori aproveitou unha gran xogada de Tainã para abrir o marcador (1-0), a brasileira foise do seu par en banda esquerda e enviou un gran pase ao corazón do área que a xaponesa non perdoou. Co 1-0 o Gironella mantivo a compostura pero comezou a afundir o seu defensa e nos minutos finais Peque e Tainã encarrilaron o duelo. No minuto 18, Peque marcou a porta baleira tras asistencia de Shiori e no último minuto Tainã, desde o dobrepenalti, fusilou a Noe cun gran disparo para marcar o 3-0 co que se chegou ao descanso. Na segunda parte o dominio do Burela Pescados Rubén foi absoluto ante un Gironella voluntarioso e con boa actitude defensiva pero escasos de recursos ofensivos e sen fuelle. No minuto 29, Peque aumentou a renda local cun potente disparo ante o que Noe pouco podía facer. O 4-0 deu paso a uns minutos intrancendentes e na recta final chegaron máis goles, Cris logrou o 5-0 tras unha nova asistencia de Shiori. Peque completou o seu hat trick co 6-0 e o 7-0 foi de Lidia en propia porta. As visitantes lograron tamén o seu gol do honra por mediación de Ingrid que estableceu o defnitivo 7-1. Ficha técnica Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Claudia, Peque, Gaby, Shiori –cinco inicial- Bea Mateos, Tainã, Cris, Paula. Gironella: Noe, Ingrid, Celia, Claudia Pons, Pilar –cinco inicial- Lidia, Anna, Berta. Goles: 1-0, m.11, Shiori; 2-0, m.18, Peque; 3-0, m.20, Tainã; 4-0, m.29, Peque; 5-0, m.35, Cris; 6-0, m.37, Peque; 7-0, m.38, Lidia (p.puerta); 7-1, m.38, Ingrid. Árbitros: Crestelo Blanco, Cardero Rodríguez. Colegio galego. Incidencias: Partido correspondente á xornada 25 de Primera División RFEF disputado en Vista Alegre, 300 espectadores.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores