Noticias
17 de abril de 2015
O Burela Pescados Rubén recibe a un Gironella en descenso
O Burela Pescados Rubén afronta a xornada 25 da Primeira División co obxectivo de regresar á senda da vitoria ante o Gironella e manter a terceira praza. O duelo entre galegas e catalanas dispútase en Vista Alegre, sábado día 18, a partir das 18.30 horas.
A escuadra mariñá dirixida por Iván Cao “Lucas” mídese a un Gironella que esta tempada loita por evitar o descenso, actualmente é penúltimo con 15 puntos, e chegará a Vista Alegre coa idea de “pecharse atrais á espera dun erro noso para xerar perigo” comentou o técnico laranxa que apela á “paciencia e a concentración para xestionar cada momento do partido. Non debemos pecar de exceso de confianza, o obxectivo é conseguir a vitoria que nos permita manter o terceiro posto”. Para este encontro o conxunto burelao non poderá contar aínda con Lara que segue recuperándose dunha escordadura e tampouco coa súa capitana, Maite, que é baixa por unha microrotura nos isquiotibiais da perna esquerda. Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Cris, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 13. Patri, 14. Bea Mateos, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores