Noticias
17 de abril de 2015
Tudela, último desprazamento do Burela FS (sábado, 13.00 horas, Teledeporte)

O Burela FS Pescados Rubén despedirase mañá a domicilio na pista do Aspil Vidal Ribera Navarra ante as cámaras de Teledeporte. O partido da penúltima xornada de Primeira División LNFS, no Cidade de Tudela, arrincará ás 13.00 horas.


Desde a novena praza, con 34 puntos, os pupilos de Juanlu buscarán pechar a liga mantendo a grande actitude demostrada durante toda a tempada. Mediranse a un rival moi motivado, que ocupa a sexta praza (48 puntos) nunha zona moi movida da táboa e que vén de impoñerse na casa do FC Barcelona (2-4). “É un rival difícil, cunha cancha difícil, que nos esperará moi motivado posto que ten opcións de pelexar pola cuarta praza pero tamén pode caer ata a oitava. Para eles é importante e por iso nos esperarán con todo” explicaba o técnico laranxa, puntualizando sobre a situación dispar dos dous equipos: “As rectas finais sempre son complicadas; os dous equipos chegamos con metas diferentes; a súa motivación márcaa a clasificación e a nosa o orgullo. Para nós será un partido bonito, co bo ambiente que sempre se vive en Tudela e televisado. Nós tamén queremos seguir demostrando nosa boa actitude”.



A expedición laranxa partiu esta mañá ás 11.00 horas, sen contratempos, tras o último adestramento da semana, sen Jorge Bellvert nin Matamoros, por lesión.


Convocatoria Aspil Vidal Ribera Navarra FS: 2. David, 3. Hamza, 4. Roger, 5. Palmas, 6. Luisma, 8. Andresito, 10. Joselito, 11. Lucas, 14. Jesús, 15. Molina, 17. Zardoya, 19. R. Orzáez


Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Behroz, 11.Chano, 13. Álex, 14. Miguel, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 29. Ángel, 30. Hélder

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores