Noticias
9 de abril de 2015
Rival de altura en Terceira (sábado 11, 18.00 horas)

Tras o descanso da Semana Santa, o Burela FS Pescados Rubén B retoma a competición de Terceira División o sábado, coa visita dun rival de altura a Vista Alegre na 22ª xornada. Ás 18.00 horas, A Estrada FS saltará a pista laranxa defendendo a segunda praza (45 puntos) ao axexo do líder, Pizzería A Fuga SD Xove FS (48 puntos).


O cadro de Juanma Marrube volve á liga como décimo clasificado (26 puntos) co obxectivo de seguir na súa boa senda, tras o empate con Prone Lugo (5-5) e as vitorias con Troula FS (4-3) e Superti A Pontenova (1-4), e sacar algo positivo a pesar da complexidade que supón a cita.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores