Noticias
9 de abril de 2015
Confírmase a lesión de cruzado de Matamoros
Foto: Marián G. Mesa

As probas médicas acaban de confirmar que Jorge Matamoros sofre un desgarro do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo; o pichichi laranxa, que se viu obrigado a retirarse do encontro en Vista Alegre fronte ao Uruguay Tenerife antes de Semana Santa, podería estar afastado das pistas entre 6 e 7 meses.


Nun primeiro momento, as revisións iniciais parecían descartar a devandita lesión debido á musculatura e gran estabilidade do xeonllo do xogador, pero cumpríronse os peores temores. As probas tamén revelaron unha pequena rotura do menisco externo e leve escordarua de ligamento lateral interno.


Este venres, o traumatólogo da entidade avaliará xunto ao resto do corpo médico o paso do xogador por quirófano, prazos e posterior proceso de recuperación.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores