Noticias
4 de abril de 2015
O Burela Pescados Rubén cae por 5-2 na pista do Xaén
O Burela Pescados Rubén despideuse na "Salobreja" das súas opcións de Play Off ao caer por 5-2 ante o Xaén Paraíso Interior. O conxunto mariñao disputou ante o campión de Copa un duelo de alta intensidade no que non logrou manter o ritmo andaluz debido á escaseza de efectivos laranxas.
Fotografía: Pedro Chaves. Jaén Paraíso Interior
A escuadra dirixida por Juanlu Alonso comezou o choque con boas sensacións ante un Xaén que quixo marcar o paso desde o inicio. A boa defensa mariñá bloqueou a saída dos andaluces aínda que co paso dos minutos o encontro foise abrindo con ambos equipos gozando de oportunidades para abrir o marcador. Neste intercambio de golpes resultou ganador o Xaén que nunha acción de estratexia conseguía o 1-0, obra de Buendía no ecuador do primeiro periodo. Coa afección amarela envorcada, ambos equipos protagonizaban un partido de ida e volta que acabou rendibilizando mellor o equipo de Dani Rodríguez. Solano ampliou a vantaxe (2-0) e no tramo final Chino e Buendía marcaron o 3-0 e 4-0 respectivamente. Con este marcador chegouse ao descanso e na continuación aínda que o Burela Pescados Rubén perseguiu apurar as súas opcións co gol de Behroz (4-1), minuto 24, os andaluces cortaron calquera atisbo de reacción co 5-1 de Eloy Rojas. Na recta final, Iago Míguez logrou o 5-2 definitivo que deixa aos mariñaos sen Play Off polo título. Ficha técnica Jaén Paraíso Interior: Gonzalo, Fabián, José López, Cuco, Solano –cinco inicial- Borja Blanco, Dani Martín, Eloy Rojas, Buendía, Chino. Burela FS Pescados Rubén: Alex, Iago Míguez, Antoñito, Chano, Helder –cinco inicial- Behroz, Miguel, Carlitos, Ángel. Goles: 1-0, m.10, Buendía; 2-0, m.16, Solano; 3-0, m.18, Chino; 4-0, m.19, Buendía; 4-1, m.24, Behroz; 5-1, m.28, Eloy Rojas; 5-2, m.37, Iago Míguez. Árbitros: Bernabeu Haro, Sánchez Ayala. Incidencias: Partido correspondente á xornada 27 da Primeira División da Lnfs, disputado no pavillón de La Salobreja de Jaén. Aforo completo.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores