Noticias
1 de abril de 2015
Campioas de Galicia con goleada
Foto: Adán Puentes Foto: Adán Puentes Foto: Adán Puentes
O Burela FS Pescados Rubén defendeu con solvencia o título irmandiño e volveu proclamarse campión da Copa Galicia, por segundo ano consecutivo, esta tarde nas Pontes de García Rodríguez, con goleada sobre o Ourense Envialia (7-0). As laranxas foron donas e señoras dunha finalísima con ataque fluído e unha correcta defensa, na que marcharon ao descanso con vantaxe de 4-0.
A gran referencia goleadora da Mariña, Peque, abriu o marcador no minuto 5, tras unha pelexa polo esférico na área ourensá. Tan só dous minutos despois Taina rubricaba o 2-0 cun disparo limpísimo dende media pista tras roubo. Ampliaron a fenda, Gaby, no 12, tamén dende lonxe e Shio, no 18, nunha recuperación que finalizou dende o lateral da área, para completar a primeira parte. As escasas ocasións do Enviali non crearon nerviosismo sobre os paus laranxas.
Jozi resolveu sen complicacións as temperás tentativas ourensás co comezo da segunda parte. Pero xa no minuto 22, Gaby aproveitou un contraataque en galopada para servirlle a Maite o 5-0. As ourensás intentaron reducir distancias con xogo de cinco, pero a defensa da Mariña reaccionou con seriedade e solidez. No minuto 29, chegou o sexto con brillo laranxa, nas zapatillas da pichichi laranxa, Peque, asistida por Shiori tras a recuperación de balón dende saque da guardameta ourensá. Mantendo a aposta por porteira xogadora, subiu ao electrónico o 7-0 definitivo, Con firma de Jozi a porta baleira (minuto 35). Na recta final Kiko aínda dispuxo de dobre ocasión con moito perigo.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Gaby, Claudia, Shiori, cinco inicial; también jugaron Maite, Bea Mateos, Taina, Cris, Paula, Patri, Kiko

Ourense Envialia FSF: Chev, Chiki, Laura, Ro, Sara Moreno, cinco inicial; tambén xogaron Ana, María Romero, Marta, Peke

Goles: 1-0, minuto 5, Peque; 2-0, minuto 7, Taina; 3-0, minuto 12, Gaby; 4-0, minuto 18, Shiori; 5-0, minuto 22, Maite; 6-0, minuto 29, Peque; 7-0, minuto 35, Jozi

Tarxetas: Por Ourense, Sara Moreno (28)

Incidencias: Partido correspondente á final de Copa Galicia disputado no pavillón municipal de As Pontes de García Rodríguez con aforo completo. Xunto ao presidente e vicepresidente da Federación Galega de Fútbol Sala, Juan Probaos e José Luis Sáez, participou na entrega de medallas o presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala, Javier Lozano, así como representantes da Xunta de Galicia na Coruña e Lugo, do Concello das Pontes e do Concello de Burela.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores