Noticias
1 de abril de 2015
Recordos de Copa en "La Salobreja"
Burela Pescados Rubén e Xaén Paraíso Interior reencóntranse en Liga tralo seu duelo copeiro que simbolizou a rebelión dos modestos durante a recente Copa de España de Cidade Real, consumada finalmente coa conquista amarela ante o todopoderoso FC Barcelona.

Aínda que este novo duelo entre galegos e andaluces, correspondente á xornada 27 da LNFS, pouco terá que ver coa semifinal copeira. O sábado 4 de abril a partir das 18.00 horas “A Salabreja” acollerá un intenso partido con dous quipos que necesitan a vitoria para manter os seus obxectivos. Os andaluces loitan por defender a súa cuarta praza (47 puntos) mentres que o Burela Pescados Rubén, noveno con 33 puntos, quere apurar as súas opcións de Play Off.


O técnico burelés, Juanlu Alonso, consciente da enorme dificultade que supón vencer no feudo amarelo remarcou que “sairemos moi reforzados da Salobreja si conseguimos os tres puntos, sobre todo polas circunstancias nas que chegamos ao partido. Debido ás baixas, os mozos terán que asumir minutos de responsabilidade que sumarán á súa formación e iremos a por todas igualmente”. Os mariñaos non contarán para este duelo con Isi, Bellvert e Matamoros por lesión. Na convocatoria do Burela Pescados Rubén debuta o canteirán Aitor Eijo Oroza, á pivot do conxunto filial que lucirá o dorsal 31. Nas filas do Xaén Paraíso Interior destaca a baixa por lesión do súa gardameta Prieto.



Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 9. Behroz, 11.Chano, 13. Álex, 14. Miguel, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 29. Anxo, 30. Hélder, 31. Aitor.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores