Noticias
1 de abril de 2015
O Torneo Kromex de Segovia e o Triangular de Imdecum, compromisos das Xoias Laranxas para a Semana Santa

O Torneo Kromex Ciudad de Segovia e o II Triangular de Semana Santa Imdecum encherán a axenda do Futuro Laranxa durante a Semana.



O Cadete A gozará do seu periplo en Segovia, nunha competición que reúne o mellorciño da base nesta categoría, entre o xoves e o sábado. Integrado no Grupo A, medirase a Riva Atlantis, Salamanca, Palma Futsal e Sierra Salinas.



As categorías prebenxamín, benxamín e alevín daranse cita no pavillón Vista Alegre de Burela o Xoves Santo para disputar a segunda edición do Torneo Triangular de Semana Santa Imdecum 2015; terán como rivais a AFD Porto de Burela e CMI Unidad de Fene.



 


Liga Provincial Feminina



O Burela FS Filial Feminino aproveitará o descanso ligueiro destas datas para xogar o partido aprazado fronte ao Frutas José Viveiro FSF; será en Vista Alegre, o sábado, a partir das 16.00 horas.


 


CALENDARIOS ADXUNTOS

Documentos relacionados:
274 KB
Calendario Triangular Semana Santa Imdecum 2015
181 KB
Partidos Semana Santa 2015
564 KB
Calendario Torneo Segovia 2015
219 KB
Resultados 28-29 de marzo 2015
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores