Noticias
23 de outubro de 2014
O conxunto laranxa busca resarcirse en Zaragoza (venres 24, 20.45 horas)

O Burela FS Pescados Rubén disputará mañá a sétima xornada de Primeira División LNFS na pista de DLink Zaragoza (20.45 horas, Siglo XXI) buscando resarcirse do amargo empate de Vista Alegre ante Magna Navarra (4-4). “Viaxamos con ganas de quitarnos esa espiña; fixemos un bo partido pero non soubemos pechalo” reflexionaba Juanlu sobre o último compromiso, incidindo na relevancia de puntuar en terras mañas: “É unha cita moi importante en si mesma pero tamén tendo en conta as dúas próximas xornadas do calendario, coa visita de ElPozo a Burela e co desprazamento á sempre difícil pista do Marfil”.


Por diante dos da Mariña (4 puntos), o DLink Zaragoza (7 puntos) recibe os galegos tamén con ganas de puntuar, tras vir de caer ante Inter (1-3) e Barcelona (6-3), rivais que cortaron a súa boa racha inicial (Santiago 4-5 -2ª xornada-, Ribera Navarra 3-3 -3ª xornada- e Montesinos 4-5 -4ª xornada-). “É un rival moi incómodo, cunha defensa moi particular que obriga os equipos a modificar a súa forma de xogar. Se te adaptas ben a esa zona presionante podes sacar adiante o partido, se non é el quen gaña en perigo e consegue o control do encontro” analizaba o técnico laranxa, quen recoñecía na figura de Retamar “a brúxula” do Zaragoza.


Xunto aos prometedores Hélder e Ángel tamén viaxou Renato, ante a ausencia de Miguel, que xa non dispuxo de minutos ante Magna Navarra por unha contusión ósea.


Convocatoria  Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 3. Jorge Bellvert, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 29. Ángel, 30 Hélder

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores