Noticias
9 de outubro de 2014
Derbi provincial para o ilusionante Burela FS B

A Terceira División depara para o Burela FS Pescados Rubén B derbi provincial a domicilio, coa visita á pista do Valdesuso Peugeot Vilalba FS o sábado, ás 19.00 horas. O cadro de Iván Cao ‘Lucas’ chega ao duelo lugués con ilusión tras puntuar na segunda xornada ante O Carballiño (2-2) con goles de Pancho e Renato.


Os catro puntos actuais da cuadrícula laranxa outórganlle ao Burela FS postos de arriba neste tramo inicial da competición, fronte ao infortunio vilalbés, que aínda non coñece a vitoria, despois de caer ante Pizzería A Fuga Xove FS (2-8) na primeira xornada e 5Coruña FS (5-3) na segunda. “É un equipo novo que se resentirá coa perda de Luis, pero poderá estar aí arriba” advertía Lucas.


Apoio a Cora


Ata a cidade do Landro desprazáronse esta semana os adestradores de base Christian Fustes e Mario Pillado e o secretario técnico do club, Juanma Marrube, para visitar a Sergio Cora, intervido o sábado pasado de menisco no Polusa de Lugo, para trasladarlle o apoio do club e darle ánimo na súa recuperación. O xuvenil viveirense estará afastado das pistas en torno a tres meses.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores