Noticias
8 de outubro de 2014
A Selección Española medirase a Ucraína en Burela para abrir 2015
España-Uruguai, 2008 España-Romanía, Vista Alegre 2007

A Selección Española de Fútbol Sala volverá visitar a costa luguesa e Vista Alegre para abrir 2015, o 5 de xaneiro, medíndose ao combinado de Ucraína, quinto clasificado no ránking UEFA.


A localidade mariñá será un dos dous destinos que a Vermella terá en Galicia na apertura do ano; o segundo será Ferrol, o día 6 co festexo dos Reis Magos. As devanditas citas, enmarcadas na preparación para o Preeuropeo 2016 baixo a organización da Real Federación Española de Fútbol e a Federación Galega de Fútbol, contarán coa colaboración dos clubs CD Burela FS Pescados Rubén e O Parrulo-Ferrol, ademais dos seus respectivos concellos.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores