Noticias
4 de outubro de 2014
Primeira vitoria laranxa ao vencer por 4-3 a un combativo Peñíscola
O Burela Pescados Rubén logrou o seu primeiro triunfo da tempada tras vencer por 4-3 a un Peñíscola Bodegas Dunviro que deixou unha gran imaxe en Vista Alegre. O conxunto burelés estrea o seu casillero de puntos con esta vitoria que lle permite coller máis confianza tras un difícil inicio ligueiro.
Fotografía: Marián García Mesa Fotografía: Marián García Mesa
O encontro foi de máxima intensidade entre dous equipos que presionaron moi ben ao rival e na primeira parte o aspecto defensivo impúxose ao ofensivo. Aínda que as mellores ocasións foron para os visitantes, con disparo á cruceta incluído de Fran Conde, foi o Burela Pescados Rubén o que golpeou primeiro. No último minuto, dous contragolpes xestionados por Matamoros foron finiquitados por Iago Míguez para irse aos vestuarios con vitoria parcial de 2-0 para os galegos. Na continuación, o Peñíscola apertou ao máximo desde o inicio e obtivo o seu premio co 2-1 marcado por Fran Conde, minuto 25. O tanto visitante reforzou o seu bo momento ante un Burela Pescados Rubén que non lograba conectar co partido pero que a base de compromiso e actitude logrou reaccionar ás ocasións valencianas. Matamoros volveu aparecer e cun zurdazo ampliou a renda (3-1) e nun contragolpe Antoñito bateu no man a man a Chema para situar o 4-1. Ante esta tesitura, o Peñíscola apostou por xogo de cinco a case seis minutos do final e Juanqui logrou o 4-2. Os laranxas capearon ben o acoso visitante pero perdoaron as súas ocasións e un postreiro gol de Javi Alonso (4-3) levou a incerteza a Vista Alegre que finalmente celebrou a vitoria do seu equipo. Charly Maza. O xogador do Peñíscola Bodegas Dunviro tivo que retirarse do choque ao lesionarse nunha acción fortuita ao intentar rematar unha clara ocasión. Ficha técnica Burela Pescados Rubén: Edu, Isi, Jorge Bellvert, Matamoros, Iago Mïguez –cinco inicial- Miguel, Carlitos, Antoñito, Helder, Chano, Peñíscola Bodegas Dunviro: Chema, Carlos Anós, Charly Maza, Solano, Míchel –cinco inicial- Yeray, Juanqui, Fran Conde, Javi Alonso, Ureña, Gonzalo, Goles: 1-0, m.19, Iago Míguez; 2-0, m.19, Iago Míguez; 2-1, m.25, Fran Conde; 3-1, m.29, Matamoros; 4-1, m. 32, Antoñito; 4-2, m.36, Juanqui; 4-3, m. 40, Javi Alonso. Árbitros: Gallo Suárez, Velasco Martínez. Asturias. Amosaron cartón amarelo a Juanqui no Peñíscola (m.19) e Matamoros (m.21) e Isi (m.21) no Burela. Incidencias: Partido correspondente á cuarta xornada da Primeira División da LNFS disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 800 espectadores.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores