Noticias
19 de setembro de 2014
Boas sensacións do Burela a pesar da derrota no Palau Blaugrana
Derrota do Burela Pescados Rubén no Palau Blaugrana por 5-2 nun choque no que os bureleses volveron ofrecer unha gran imaxe. A escuadra mariñá plantou cara ao campión de Europa, sobre todo no primeiro periodo no que bloqueou o potencial blaugrana e esixiu a Cristian o seu mellor nivel baixo paus. Debut na Primeira División do canteirán burelés de 16 anos, Renato Lopes, no templo blaugrana.
Fotografía: Prensa FC Barcelona
Na primeira parte o campión de Europa saltou coas pilas postas ante un Burela Pescados Rubén que encaixou un 2-0 aos cinco minutos. Primeiro Batería e pouco despois Sergio Lozano, tras un corner, dinamitaron a meta defendida por Edu, que xa sumaba varias intervencións meritorias, con senllos latigazos que presaxiaban un encontro cómodo para os cataláns. Juanlu Alonso solicitou un tempo morto que cambiou a dinámica do partido e os bureleses comezaron a afianzarse en defensa e xerar perigo ao contragolpe. Así chegou o 2-1 logrado por Antoñito que definiu perfectamente ante Cristian.

O tanto reforzou a moral dos mariñaos que cunha defensa solidaria e con boas axudas afogou ao Barça. Os laranxas comezaron a crear perigo e Cristian se erixiuse en protagonista salvando o empate en varias ocasións e a madeira repeleu os disparos de Isi e Matamoros. Roldaba a igualada o Burela Pescados Rubén que chegou por mediación de Miguel tras executar con tranquilidade un fulgurante contragolpe. O 2-2 propiciou que os blaugrana se atascaran aínda máis e os bureleses eran os que xeraban maior perigo aínda que ao descanso chegouse o 2-2.

Na continuación, o Barça volveu tomar a iniciativa e Matamoros foi expulsado por vermella directa por unha dura entrada sobre Wilde, quedando o Burela Pescados Rubén en inferioridade. Ante esta concesión, os cataláns non perdoaron e cambiaron o panorama do choque en apenas un minuto. Aicardo marcou en superioridade o 3-2 e acto seguido Sergio Lozano aumentou a renda (4-2) tras un roubo e finalización clásica do Búfalo que fusilou a Edu. O Barça adueñouse do partido e Edu aumentou a súa cota de protagonismo mitigando o vendaval do campión do Europa. Os laranxas acusaron o golpe aínda que mantiveron o tipo e buscaron algunha contra para meterse no encontro pero os blaugranas non querían máis sorpresas e Sergio Lozano completou o seu hat-trick, noutra acción de estratexia, e fixo o 5-2 definitivo a seis minutos do final. Nestes minutos o máis destacado foi o debut de Renato que tivo tempo para deixar o seu selo de calidade na pista.


Ficha técnica

Burela Pescados Rubén: Edu, Jorge Bellvert, Isi, Matamoros, Miguel –cinco inicial- Antoñito, Iago Míguez, Helder, Carlitos, Renato.

FC Barcelona: Cristian, Lin, Batería, Saad, Wilde –cinco inicial- Aicardo,Dyego, Sergio Lozano, Rafa Usín, Ferrao.

Goles: 1-0, m. 3, Batería; 2-0, m.5, Sergio Lozano; 2-1, m.6, Antoñito; 2-2, m.11, Miguel; 3-2, m.22, Aicardo; 4-2, m.23, Sergio Lozano; 5-2, m.35, Sergio Lozano.

Árbitros: Díaz Rodríguez, García Hernández. Cartón amarelo a Edu e Miguel e vermello directo a Matamoros, do Burela Pescados Rubén.

Incidencias: Partido correspondente á segunda xornada de Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala, disputado no Palau Blaugrana.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores