Noticias
19 de setembro de 2014
Vista Alegre estrease na Liga coa visita do Universidade de Alacante
O Burela Pescados Rubén estréase en Vista Alegre coa visita do Universidade de Alacante, partido correspondente á segunda xornada da Primeira División. O duelo dispútase o sábado día 20, a partir das 18.30 horas. Ambas escuadras afrontan esta cita co obxectivo de conseguir a primeira vitoria da tempada e non permitir que o Atlético de Madrid tome maior vantaxe neste inicio ligueiro.
O adestrador burelés cualificou o choque como “importante, igual que cada xornada, é evidente que unha vitoria daríanos maior tranquilidade e confianza para que a adaptación do grupo sexa máis rápida”. Sobre o Universidade de Alacante indicou que “mellorou o seu persoal respecto da tempada anterior e é un candidato para competir pola Liga. Tamén cambiaron de técnico polo que algún aspecto do seu xogo tamén será diferente. É unha escuadra completa que manexa e trata ben o balón e tamé é capaz de xogar ao contragolpe”. O choque será de alta voltaxe e o conxunto que “cometa menos erros sairá victorioso. A nosa actitude debe ser positiva en todo momento, debemos corrixir erros que cometemos en Navalcarnero e actuar como colectivo en cada momento e interpretar ben os tempos do xogo” concluiu Quico Otero, adestrador laranxa que para este encontro poderá contar con todo o plantel agás a porteira Patri. Peque e Jozi recibiron no día de hoxe a alta médica e poderán estar a disposición do técnico para este encontro aínda que que é máis factible a participación de Peque que de Jozi, a meta brasileña chega moi xusta para este envite.



Burela Pescados Rubén: 1. Jozi 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Kiko, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã, 28. Sandra

Baixas: 13.Patri
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores