Noticias
19 de setembro de 2014
Desafío no feudo do campión de Europa
O Burela Pescados Rubén afronta un novo desafío na segunda xornada da Primeira División. O conxunto mariñao mídese ao actual campión de Europa, o todopoderoso FC Barcelona que se reforzou a conciencia; Batería, Rafa Usín e Ferrao, para recuperar o trono nacional. O reto entre David e Goliat dirimese hoxe venres 19 no Palau Blaugrana, a partir das 21.00 horas. Esports3 e Barça TV retransmitirán o encontro en directo.
O adestrador burelés afronta este partido “con moita ilusión e con gañas de dar guerra. É evidente que non é nosa liga pero competiremos co obxectivo de puntuar no feudo blaugrana” comentou Juanlu Alonso que considera clave para logralo “correr moito e con sentido. Estamos falando do mellor persoal da competición, defensivamente xa eran os mellores do mundo e reforzáronse moi ben na parcela ofensiva. Está claro que si teñen un bo día é case imposible sorprendelos pero a nosa idea é obrigarlles a esforzarse ao máximo para gañarnos. Temos que lograr sorprenderlos en contragolpes e á súa vez que eles non teñan espazos para desenvolver a súa velocidade. A partir de aí, poderiamos ter opcións”.

Pola súa banda o técnico blaugrana, Marc Carmona, encomiou ao conxunto burelés "É un bo equipo, gústame moito o adestrador, os seus equipos sempre teñen moi claro o que fan, boa defensa, bos fundamentos de ataque, é un equipo ordenado". Saad está de acordo co seu técnico: "Debemos ter paciencia coa pelota, aproveitar as oportunidades ante portería para marcar goles porque sabemos que será un partido difícil, xa que, como dixo Marc, teñen unha defensa ben organizada e debemos tener paciencia".


Convocatoria
Burela Pescados Rubén: 1. Edu, 3. Jorge Bellvert, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 10. Matamoros, 13. Álex, 14. Miguel, 27. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder. 29. Ángel
Bajas: Chano


Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores