Noticias
13 de setembro de 2014
O Atlético lévase o primeiro envite da tempada ao vencer por 7-3
O Burela Pescados Rubén caeu por 7-3 no feudo do campión, Atlético de Madrid, nun partido que se decantó no tramo final do mesmo. Ambos conxuntos saltaron ao pavillón de La Estación con moitas precaucións e a igualdade foi a tónica dominante, tras varios intercambios de golpes entre colchoneiras e galegas chegou o tanto que poñía en vantaxe ás madrileñas nunha acción afortunada para as locais, Bea Mateos intenta interceptar un pase que acaba nas mallas laranxas. Co 1-0 chegouse ao intermedio e na segunda parte o Burela Pescados Rubén respondeu con celeridad logrando o empate (1-1) por mediación de Gaby que tamén tivo contestación brasileira ao marcar Ariane o 2-1 das colchoneiras.

O encontro transcorría con alternativas no dominio e con ocasións en ambas porterías pero o Atlético aproveitou as concesións mariñás para marcar distancias (4-1) con dous goles de Natalia e pouco despois Peke marcaría o 5-1. O Burela Pescados Rubén reaccionou co tanto de Bea Mateos (5-2) e intentouno con xogo de cinco pero as colchoneras aproveitaron perfectamente os contragolpes para sentenciar a vitoria por 7-3.

Ficha técnica

Futsi Atlético Féminas: Belén; Leti, Ariane, Ju Delgado y Ro (quinteto inicial). También jugaron, Rocío, Natalia, Peke, Marta Pelegrín.
Burela Pescados Rubén: Sandra; Gaby, Bea Mateos, Maite y Shiori (quinteto inicial). También jugaron, Claudia, Lara, Kiko , Tainã.

Goles: 1-0, min. 15 Bea Mateos (propia porta); 1-1, min. 21 Gaby; 2-1, min. 22 Ariane; 3-1, min. 27 Natalia; 4-1, min. 28 Natalia; 5-1, min. 32 PeKe; 5-2, min. 33 Bea Mateos; 6-2, min. 34 Ariane; 7-2, min. 37 Ariane; 7-3, min. 38 Kiko


Pavillón: La Estación. 200 espectadores.

Colexiados: Julio González e Gabriel Ortiz do colexio madrileño. Amosou cartón amarelo a Gaby, Claudia, Maite e Sandra no Burela Pescados Rubén e a Leti no Futsi Atlético Féminas.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores