Noticias
12 de setembro de 2014
O Burela Pescados Rubén estrease en Vista Alegre ante o campión
Diseño: Logaidea Fotografía: Héctor Manasé
Vista Alegre levanta o telón do espectáculo do Fútbol Sala e como primeiro pase chega a máquina verde do Inter Movistar, actual campión de Liga e Copa. O estreo ligueiro do Burela Pescados Rubén comeza o sábado día 13, ás 18.00 horas, e será retransmitido en directo pola TVG2.

O conxunto laranxa afronta esta primeira xornada “con moita ilusión e ganas de realizar un gran partido ante un Inter Movistar que é o claro favorito” comentou o técnico burelés, Juanlu Alonso, que con todo precisou que “non renunciamos a nada, imos competir con moitas ganas e queremos complicarlle a vida ao Inter e para iso debemos estar case perfectos durante todo o partido. É un reto complicado pero queremos dar a sorpresa e coa nosa afección todo é posible”.


Convocatorias
Burela Pescados Rubén: 1. Edu, 3. Jorge Bellvert, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 10. Matamoros, 13. Álex, 14. Miguel, 27. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder, 28. Pancho.
Bajas: Chano

Inter Movistar: 1. Luis Amado, 4. Lolo, 7. Pola, 8. Rivillos, 10. Ricardinho, 11. Orzáez, 12. Borja, 14. Rafael, 20. David Pazos, 23. Ortiz, 27. J. Herrero, 47. Hamdaoui.
Documentos relacionados:
240 KB
CALENDARIO PARTIDOS DE BASE 13 Y 14 SEPT
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores