Noticias
4 de setembro de 2014
Recta final da pretempada cos duelos ante o Magna Navarra e o Valdetires
O Burela Pescados Rubén finaliza a pretempada cun duelo ante o Magna Navarra que se disputa en terras asturianas. O concello de Cangas do Narcea organiza, a través da súa concellería de deportes, o duelo amistoso entre galegos e navarros que tamén ten un obxectivo benéfico. A entrada será gratuita e recolleranse alimentos non perecederos que terán como destino os Servizos Sociais do concello asturiano. O pavillón municipal acollerá este duelo de dous equipos da Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala o vindeiro sábado día 6 de setembro, a partir das 18.30 horas.

Copa Galicia. O equipo feminino regresa á competición oficial co seu duelo de Copa Galicia ante o Valdetires FSF. O conxunto ferrolán visita Vista Alegre o vindeiro domingo día 7 de setembro, a partir das 18.00 horas.


Gala do Fútbol Sala da Federación Galega de Fútbol Sala. O día 5 de setembro, os canteiráns; Aarón Fernández e Mamadou Diouf, están invitados á Gala do Fútbol Sala que se celebra no Auditorio de Ourense, a partir das 20.00 horas, como membros da selección galega cadete que tan bos resultados colleitou na tempada pasada.


 


Calendario partidos fin de semana


Copa Galicia Feminina
CD Burela FS Pescados Rubén - Valdetires FSF
Data: 07/09/2014 Hora: 18.00
Lugar: Pavillón Vista Alegre de Burela


 


Amigable
CD Burela FS Pescados Rubén - Magna Navarra
Data: 06/09/2014 Hora: 18.30
Lugar: Pavillón municipal de Cangas do Narcea (Asturias)


 


Amigables: Troula Betanzos FS - CD Burela FS B Pescados Rubén
Data: 06/09/2014 Lugar: Pavillón municipal de Betanzos


 


Categoría senior
Troula Betanzos FS - CD Burela FS B Pescados Rubén. Hora: 16.30


Categoría Infantil
Troula Betanzos FS - ED Burela FS “A”. Hora: 18.30


Categoría cadete
Troula Betanzos FS - CD Burela FS Pescados Rubén “A”. Hora: 20.00

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores