Noticias
3 de setembro de 2014
O Burela Pescados Rubén ficha a Miguel Muñoz
O Burela Pescados Rubén ficha a Miguel Muñoz Martín por unha tempada con opción a unha segunda. O xogador madrileño de 33 anos incorpórase ao conxunto burelés procedente do Nueva Generación, cuarto clasificado na Superliga rusa. Miguel Muñoz é un xogador de experiencia contrastada que “mellorará ao equipo, é un xogador moi intelixente capaz de manexar os tempos do partido. O equipo beneficiarase da súa madurez e gran sentido táctico, ademais será unha gran referencia para os xogadores máis novos” manifestou o presidente da entidade, Manuel Blanco, que resaltou a confianza do club en Miguel. “Estamos convencidos que é unha gran fichaxe, aínda que sufriu unha grave lesión en Rusia xa está recuperado e seguro que co paso dos partidos veremos a súa mellor versión. A súa calidade e compromiso non é cuestionable”.

A á madrileño que estivo acompañado polo presidente e o secretario técnico do club, Juan Manuel Marrube, declarou que “estou moi contento por incorporarme a un club como o Burela Pescados Rubén. É unha alegría regresar á Liga Nacional de Fútbol Sala trala miña experiencia en Rusia. Foi unha tempada dura que estivo marcada pola miña lesión. Agradezo moito a confianza que o club depositou en min, é un reto apaixonante para o min vestir a camiseta laranxa e quero devolver esa confianza co meu traballo, compromiso e mostrar a miña mellor versión”. Respecto da tempada non se marca obxectivos a longo prazo “ a nosa mentalidade é a de ir partido a partido, aínda que tampouco renunciamos a nada. Estamos traballando con moita intensidade para sentar unha boa base sobre a que crecer con seguridade e confianza. O equipo está mostrando unha gran unión que é un factor moi importante para afrontar calquera competición”.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores