Noticias
2 de setembro de 2014
Dispoñibles os carnets de soci@ da tempada 2014/2015
Os socios/as do CD Burela FS Pescados Rubén poden recoller o seu carnet da tempada 2014/2015, con idéntica tarifa que a tempada anterior, desde o martes día 2 de setembro na oficina da entidade, situada na Avda. Arcadio Pardiñas 91, baixo. Tamén poderán facelo no pavillón Vista Alegre de Burela durante os encontros amistosos de presentación que se disputan o vindeiro mércores día 3 de setembro a partir das 18.00 horas. Todos os interesados en abonarse ao CD Burela FS Pescados Rubén poden darse de alta na oficina do club.
Os carnets da nova tempada contan co patrocinio da empresa mariñá de servizos informáticos e solucións tecnolóxicas LINDIN.TIC. Antonio Ledo Leiras, responsable de LINDIN.TIC presentou os carnets da tempada 2014/2015 acompañado polo presidente do club, Manuel Blanco. LINDIN.TIC, proporciona solucións e asesoramiento tecnolóxico a todos os niveis; desde particulares a empresas e institucións públicas, mediante un traballo integral que abarca desde os procesos iniciais de estudo e deseño do caso, comercialización e soporte informático postventa. Ademais LINDIN INFORMÁTICA presta servizos profesionais de consultoría de negocio, externalización e integración de sistemas.

Tarifas de socios/as da tempada 2014/2015

Socio/a individual: 90 euros
Socio/a familiar: 150 euros
Socio/a xubilado: 60 euros
Socio/a estudante: 40 euros
Socio/a xuvenil: 30 euros
Socio/a infantil: 10 euros
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores